lunes, 25 de febrero de 2013

Redactamos: XOGAMOS A DESCRIBIRNOS

Que é unha descrición? Que apartados debe conter para que sexa unha 
 descrición completa?

Bótalle unha ollada a este powerpoint! 

Toda descrición dunha persoa debe ter os seguintes apartados:

- Presentación do que se vai a describir
- Rasgos físicos
- Rasgos en relación ao carácter (gustos, aficións...)
- Datos sobre a vestimenta
- Calquer outro dato de interese.




Cada alumno/a terá un papeliño co nome doutro compañeiro ou compañeira ao que deberá describir. Pero será un segredo. Non poderemos dicir o nome da persoa que nos tocou. Si a nosa descrición está ben feita, será doado adiviñar de quen se trata.

PREPARADOS??

LEMBRA que podes utilizar algún recurso estilístico coma o SÍMIL ou a METÁFORA para describir ao teu compañeiro/a.


No hay comentarios:

Publicar un comentario