miércoles, 27 de febrero de 2013

ORTOGRAFÍA: sabemos acentuar?

Ademáis de saber as regras de acentuación das palabras AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS debemos saber tamén as regras que se seguen noutros casos coma, por exemplo, nas PALABRAS COMPOSTAS.

Entra neste enlace, le a explicación e realiza a actividade online.


Cantos erros tiveches? Cóntanolo escribindo un comentario!

http://reglasdeortografia.com/acentocompuestas02.html



lunes, 25 de febrero de 2013

Redactamos: XOGAMOS A DESCRIBIRNOS

Que é unha descrición? Que apartados debe conter para que sexa unha 
 descrición completa?

Bótalle unha ollada a este powerpoint! 

Toda descrición dunha persoa debe ter os seguintes apartados:

- Presentación do que se vai a describir
- Rasgos físicos
- Rasgos en relación ao carácter (gustos, aficións...)
- Datos sobre a vestimenta
- Calquer outro dato de interese.




Cada alumno/a terá un papeliño co nome doutro compañeiro ou compañeira ao que deberá describir. Pero será un segredo. Non poderemos dicir o nome da persoa que nos tocou. Si a nosa descrición está ben feita, será doado adiviñar de quen se trata.

PREPARADOS??

LEMBRA que podes utilizar algún recurso estilístico coma o SÍMIL ou a METÁFORA para describir ao teu compañeiro/a.


jueves, 21 de febrero de 2013

Coñeces estas páxinas?

Coñecedes as páxinas web da Real Academia Galega e da Real Academia Española?

Teñen contidos moi interesantes e poden servirche de dicionario online para buscar o vocabulario que descoñezas.

http://www.realacademiagalega.org/   Real Academia Galega


http://www.rae.es/rae.html  Real Academia Española



domingo, 10 de febrero de 2013

Entroido no IES

Así de guapos viñeron á clase os rapaces e rapazas de 2º o venres...


Que vos parece?

miércoles, 6 de febrero de 2013

Coñeces o programa interactivo CmapTools?



Comezamos a traballar co programa interactivo CmapTools co que se poden facer MAPAS CONCEPTUAIS moi variados dunha maneira motivadora e traballando a competencia para o tratamento da información e competencia dixital así coma a competencia para aprender a aprender. 


lunes, 4 de febrero de 2013

04/02 Día mundial contra o cancro

Desde o blogue da aula PROA queremos aproveitar que hoxe é o día mundial contra o cancro para amosar o noso apoio a toda aquela xente que padece esta enfermidade e lembrar a importancia da PREVENCIÓN.

 Hoxe os exercicios de comprensión lectora versarán sobre esta temática. 
Adxunto un link: 

PRINCIPAIS TÉCNICAS DE ESTUDO


SABES FACER UN RESUMO?? SABES ESQUEMATIZAR?? REPRODUCE OS VÍDEOS!!

LEMBRA QUE É IMPORTANTE SULIÑAR ANTES DE ESQUEMATIZAR OU RESUMIR!