miércoles, 20 de marzo de 2013

E para rematar o trimestre...

... CONTRIBUIMOS Á NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA DO CENTRO E AO PLAN TIC.

Visionado da película "PRADOLONGO". Trátase dun filme galego que conta a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas.  
Entra no seguinte enlace para saber máis:  http://www.filmotech.com/v2/ES/FX_FichaPelicula.asp?Id=8628


TRAILER DA PELÍCULA 


jueves, 14 de marzo de 2013

O ADVERBIO


Parece que este luns aos rapaces e rapazas de primeiro lles van a preguntar os ADVERBIOS  e a súa tipoloxía nun exame.




Aquí vos deixo unha explicación e algunhas actividades.

O adverbio é unha palabra invariable que acompaña ao verbo. Indican o seguinte:
 
MODO: pregúntaselle ao verbo "como?"   Ben, mal, perfecto, fácilmente...
CANTIDADE: pregúntaselle ao verbo "canto?" Moito, pouco, bastante...
LUGAR: pregúntaselle ao verbo "onde?"  Aquí, alí, lonxe, preto...
TIEMPO: pregúntaselle ao verbo "cando?"  Cedo, tarde, hoxe, onte...

Entra neste link:

viernes, 8 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller ou o Día da Muller Traballadora que conmemora a loita da muller pola súa participación a pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

ACTIVIDADE "SOMOS REDACTORES":

Que che parece?
Por que cres que se debe conmemorar a igualdade da muller co home? Pensas que é necesario este recoñecemento?
Como era a situación da muller con respecto á do home en tempos pasados? Cal é a túa opinión acerca desta situación?
Como é a situación da muller actualmente? Cres que continúa habendo algún tipo de discriminación ou xa se superaron? Por que?




viernes, 1 de marzo de 2013

OS POEMAS

Aquí vos deixo unhas actividades en relación aos poemas, a súa medida, rima e figuras estilísticas. 



Atréveste a facelos? É doado e divertido. Entra e verás que hai uns titores moi especiais que che explicarán as actividades paso a paso.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_educativa/metrica/index2.html


CONTIDOS:

- POEMAS
- RIMA
- MÉTRICA
- VERSOS
- ESTROFAS
- FIGURAS LITERARIAS