miércoles, 30 de enero de 2013

BOAS NOVAS

OLLO! CAMBIO NA CONFIGURACIÓN! 

Para comentar non fai falta LOGUEARSE... Pon simplemente o teu nome e comenta o que queiras. Xa NON FAI FALTA  REXISTRARSE con ningunha dirección @gmail  !

FOTOGRAFÍAS DOS DISCURSOS POLÍTICOS



XA TEMOS DELEGADOS/AS! 

Algúns dos alumnos/as do PROA son algo tímidos e non quixeron posar para a foto. Aquí podemos ver a Jose e a Kevin durante o discurso político como candidatos a delegados.

Finalmente, os gañadores das eleccións foron PAULA VILANOVA (1º ESO) e JOSE (2ºESO).

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

Unha das obras máis coñecidas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é "Os vellos non deben namorarse". 


Que opinas deste título? Cres que os vellos non deberían de namorarse?? Por qué?



CONTESTA CON UN COMENTARIO !!

BANCO DE IMAXES DO ESCRITOR GALEGO CASTELAO




Hoxe estaría de aniversario ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO...

- Coñécelo?

É un escritor galego que naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Hoxe, os alumnos/as de 2º ESO, dentro do PROA, vamos a saber máis de el a partir do resumo da súa biografía.

Estamos así a traballar dúas das técnicas de estudo máis importantes: o suliñado e o resumo!

En que ámbitos vamos a profundizar?

- Quen foi Castelao? Onde naceu? 
- En que cidades viviu Castelao? Que fixo en cada unha delas?
- Cales son as súas obras máis importantes?
- Banco de imaxes do escritor.

martes, 29 de enero de 2013

Primeiros días de traballo...


ELIXIMOS DELEGADO/A !!!!!

Quéreste presentar a delegado/a??? Vaino pensando! Terás que facer un mitin para convencer aos teus compañeiros.

PREPARADOS PARA REDACTAR??? 

- Que é para ti ser delegado? Qué significaría na túa vida?
- Que funcións cres que debes cumplir?
- Por que queres ser delegado/a?
- Por que cres que eres o mellor candidato para selo?
- Conta a túa experiencia si algunha vez desempeñaches o papel de delegado/a noutras aulas.
- A que te comprometes si te votan?

PREFIRES NON PRESENTARTE?? O teu é o seguinte guión:

- Que significa para ti a figura do/a delegado/a?
- Por que prefires non presentarte?
- Que esperas do delegado/a da túa aula?
- Conta a túa experiencia con anteriores delegados/as doutras aulas nas que estiveras. Fixérono ben? Por que?
- Que cambiarías do sistema de elección de delegados/as?

OLLO COAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA E ÁNIMO !!!

LEMBRA QUE É UN RELATO LIBRE. NON TES QUE LIMITARTE AO GUIÓN DE ARRIBA.

QUÉ É O PROA?

PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO NO IES FARO DAS LÚAS...

QUE É O PROA? 
O PROA é un contrato-programa que pretende, sobre todo, acadar os seguintes obxectivos:

  1. Reforzo, orientación e apoio ao alumnado.
    • Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.
    • Modalidade de apoio en horario lectivo.
  2. Mellora da lectura, da escritura e do cálculo.
  3. Mellora da convivencia.
  4. Redución do abandono escolar.
  5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Deixamos un enlace onde explica mellor todo isto: http://www.edu.xunta.es/web/node/5037

FINALIDADE DO BLOGUE: Este blogue ten como finalidade motivar ao alumnado facendo fincapé, ao mesmo tempo, na consecución da "competencia para o tratamento da información e competencia dixital". 
Ademáis, será unha memoria de traballo onde quedarán rexistradas aquelas actividades máis significativas que vaimos desenvolvendo ao longo dos 5 meses de traballo permitindo, asemade, o seguimento do programa por parte das familias podendo facer comentarios nas entradas ou, simplemente, botar unha ollada.

QUEREMOS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPE! COMÉNTANOS!