jueves, 25 de abril de 2013

viernes, 19 de abril de 2013

Somos reporteiros - Escribimos ENTREVISTAS

Gustaríache preguntarlle a un compañeiro/a todo aquilo que nunca antes te atreveras? Cres que xa sabes todo sobre os teus compañeiros/as?

Agora estás a tempo de comprobalo! Vamos a ENTREVISTARNOS!!!!! 

A algún de vós lle tocará entrevistar á mestra? Nunca se sabe...

PASOS PARA A ENTREVISTA:


- Redactamos as preguntas
- Expoñemos as preguntas e correximos erros
- Realizámoslle o cuestionario ao noso/a entrevistado/a
- Escribimos a entrevista: presentación do entrevistado e cuestionario (preguntas/ respostas)

Entra no enlace para ler entrevistas coas que te poidas guiar:


http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&ved=0CDgQFjAB&url=http%3A%2F%2Fdocentes.leer.es%2Ffiles%2F2009%2F05%2Feso3_eso4_ll_entrevista_prof_carmenduran_teresaribas.pdf&ei=SlRxUbeVD6HC7AbcyID4BQ&usg=AFQjCNHdA0zdehrj42-J7QJaNZFStklZRw&bvm=bv.45373924,d.ZGU

viernes, 12 de abril de 2013

SOMOS XORNALISTAS

Comezamos a escribir as nosas propias noticias de xornal a partir de titulares graciosos e inusuais.

Aquí vos deixo algúns cos que vamos a traballar:



"Le hacen la autopsia a un gato y da como resultado que murió de amor"

"Aterriza de urgencia un avión porque uno de sus pasajeros tenía ganas de ir al baño y se negaba a orinar en el WC del avión"

"Un joven denuncia que no le dejaron entrar en una discoteca por ser feo"

"Multan a un loro en Madrid porque insultaba a los vecinos"

"Una sala de fiestas contrata a un loro que sabe imitar a Chiquito de la Calzada"

"Un estudiante gana un campeonato de faltas de ortografía"

"Descubre que su novio la engaña con su abuela de 87 años"

"Unos padres son denunciados por permitirle decir tacos a su hija"

"Una gallega escritura el sol y se lo adueña"


"La policía detiene a un búho borracho"

Podes ver aquí algúns exemplos deste tipo de noticias: http://la-gacetilla.lacoctelera.net/tags/noticias-divertidas

Lembra que para que a noticia esté ben escrita debe responder ás seguintes pregunta: QUE? ONDE? COMO?CANDO? QUEN? POR QUE?

OLLO COAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA! LEMBRA PUNTUAR BEN O TEXTO!

lunes, 8 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Onte, 7 de abril celebrouse o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE para conmemorar o aniversario da creación da Organización Mundial da Saúde en 1948. Lembrádesvos desta institución? Xa falamos dela no Día Mundial contra o Cancro. Cada ano elíxese unha temática que poña en manifesto unha esfera de interese prioritario pra a saúde pública mundial. O tema deste ano 2013 é a hipertensión.

Entra neste enlace para saber máis: http://www.enredate.org/cas/dia_mundial_de_la_salud

  • QUE CHE PARECE A CONMEMORACIÓN DESTE DÍA?
  • QUE RECOMENDACIÓNS CRES QUE HAI QUE SEGUIR PARA LEVAR UNHA VIDA SAUDABLE?
  • SINALA ALGÚNS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE QUE TI LEVES A CABO. 


domingo, 7 de abril de 2013

Traballamos coa prensa - SOMOS XORNALISTAS

  • Por que non facer as actividades de COMPRENSIÓN LECTORA con artigos de xornais de temática variada?

  • Coñeces as diferentes SECCIÓNS dun xornal?

  • Atréveste a CREAR a túa propia publicación?

  • Saberías escribir unha NOTICIA a partir dun título?

Todo artigo xornalístico debe responder ás seguintes preguntas: QUEN? QUE? COMO? CANDO? DONDE? POR QUE? e ter un título atractivo para promover e motivar a lectura do receptor.

Entra no seguinte ENLACE:  http://www.uhu.es/cine.educacion/periodico/0utilizarperiodico.htm


LEMOS, COMPRENDEMOS, APRENDEMOS, REDACTAMOS, CREAMOS, INFORMAMOS...