miércoles, 15 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO


DÍA DAS LETRAS GALEGAS - ROBERTO VIDAL BOLAÑO

"Nalgunha esquina ignorada do noso presente, ten que haber un teatro de hoxe e de aquí" 

  "A lingua une, cohesiona e dá identidade"

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 - ROBERTO VIDAL BOLAÑO 

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.
 
Tódalas súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel".

En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais.

A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. 


A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses "Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro","Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia,do público.

A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo.

A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

lunes, 6 de mayo de 2013